| O medio ambiente |
|
Polo tanto, defínese o medio ambiente como o marco ou contorna vital no que os seres vivos desenvolven a súa actividade. Abarca aos seres humanos, as plantas, os animais, a auga, o chan, o aire, os elementos da actividade humana -cultura, infraestructuras- e a interacción entre todos eles. É dicir, non se trata únicamente do espazo no que se desenvolve a vida, senón que ademais, afecta e condiciona de xeito especial as condicións de vida das persoas ou a sociedade no seu conxunto. Para conservar esta contorna vital é fundamental non alterar o equilibrio ecolóxico, o cal require evitar accións que poidan transformalo dalgún modo ou poidan causar cambios en calquera dos axentes implicados no mesmo. Así, o medioambiente pode entenderse como un macrosistema composto por varios subsistemas que interaccionan entre si. Os problemas ambientais xorden cando se produce algún erro nesas interaccións. |

O concepto de medio ambiente evolucionou pasando de considerar principalmente os seus factores físicos e biolóxicos a un concepto máis amplo que destaca a interacción entre os distintos elementos que o compoñen, acentuando aspectos económicos e socioculturais.

