Comité Local de Cruz Vermella

Ano de creación: 1987

Núm. de socios: 154

Persoa de contacto: Calixto González Arias

Historia e fins

Quen somos?

Desde a súa creación no ano 1870, a Cruz Vermella leva máis de 130 anos presente en case todos os acontecementos da vida galega. En tempos de guerra e de paz, nas praias, nas estradas, rescatando accidentados, atendendo nenos e maiores, ou socorrendo en calquera catástrofe terrestre ou marítima. Milleiros de galegos e galegas colaboran coa nosa institución para conseguir un mundo máis solidario e xusto. Traballamos en campos nos que temos décadas de experiencia: intervernción en emerxencias, formación en primeiros auxilios, axuda a domicilio, salvamento marítimo, actividades lúdicas para nenos e mozos; pero tamén estamos desenvolvendo as nosas actividades noutros campos, segundo o que a sociedade nos demanda: intervención en prisións, fogares de acollida, educación para a saúde, transporte adaptado, emprego... e un largo etcétera que poderedes comprobar na nosa web www.cruzvermella.org

Intervención Social

A intervención social de Cruz Vermella está dirixida a previr e combatir a exclusión social das persoas e sectores sociais en situación máis desfavorecida, a través dun enfoque preventivo, paliativo e rehabilitador, e a ofrecer un espacio á participación ciudadá, a través do traballo voluntario.

Socorro e Emerxencias

A intervención nas emerxencias é unha das actividades que lle pertence de seu ao Movemento da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella. É unha acción directa da Cruz Vermella aprol da poboación que pode ser afectada por accidentes ou calqueira situación que poña en perigo a vida das persoas.

Emprego

O Plan de Emprego para colectivos vulnerables é unha resposta que permite unha xestión de medios e recursos humanos máis eficaz para mellorar as posibilidaes de emprego dos colectivos cos que traballa a Cruz Vermella.

Cruz Vermella Xuventude

Cruz Vermella Xuventude é a asociación xuvenil da Cruz Vermella Española, formada por mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 8 e os 30 anos, que desenvolven a súa acción cara este mesmo colectivo.

Medio Ambiente

A través do Plan de Medio Ambiente, na Cruz Vermella tentamos colaborar no desenvolvemento de dous tipos de proxectos: por un lado, a través da protección e mellora do entorno, na crenza que a calidade ambiental é un aspecto necesario para mellorar a dignidade e a calidade de vida das persoas (intervención en catástrofes naturais, mellora e recuperación do entorno).

Cooperación Internacional

A Cooperación Internacional da Cruz Vermella é a proxección exterior do compromiso da Institución a favor dos grupos máis vulnerables e a favor do desenvolvemento humano sostible para todos, e, é tamén un compoñente importante do compromiso de Cruz Vermella en Galicia coa paz. Os obxectivos dos nosos programas son promover o desenvolvemento sostible, a distribución equitativa dos recursos, promocionar asistencia humanitaria en casos de catástrofe e conflicto e colaborar ao fortalecemento do Movemento Internacional da Cruz Vermella. A Cruz Vermella é unha Institución democrática, que celebra cada catro anos eleccións nas que teñen dereito a voto tódolos voluntarios e socios suscriptores con máis dun ano de antigüidade.

Actividades que realiza

  • Dentro do Plan de Emprego de Cruz Vermella en Vimianzo: Servizo de Orientación e Intermediación Laboral.
  • Dentro do Plan de Intervención Social: P. de Mediación Social coa infancia e proxecto de acompañamento ocio e tempo libre coa 3ª edade.
  • Dentro de Socorros e Emerxencias: servizo de Preventivos Terrestres.
  • Servizo de acollida e orientación de voluntariado.
  • Formación externa segundo demanda.

Contacto

Enderezo: R/ A Torre, 5. Vimianzo

Telefono: 617484 85

FAX:

Web: www.cruzroja.es

E-mail: gavimianzo@cruzroja.es

Outros datos de interese

A parte dos socios de Cruz Vermella de Vimianzo conta con un total de 56 persoas voluntarias.

Ver anuncios da asociación Ver actividades da asociación

Accesibilidad - XHTML - CSS