Sociedade de Caza "San Vicente"

Ano de creación: 1985

Núm. de socios: 290

Persoa de contacto: Manuel Blanco Rial

Historia e fins

A Sociedade de Caza "San Vicente" créase no ano 1985 cos seguintes fins (recollidos no seu Regulamento de Réxime Interno):

  • Defender, conservar e fomenta-las especies cinexéticas e a súa caza.
  • Custodiar e fomenta-la gardería das especies cinexéticas.
  • Organizar competicións deportivas ou outras afíns.
  • Promover o deporte cinexético, especialmente na mocidade.

Nun principio constituíuse o couto privado de caza "San Vicente" (C-10.094) sobre unha superficie de 18.143 Ha., pasando logo - con motivo da entrada en vigor da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia - a transformarse en TECOR (Terreos Cinexéticamente Ordenados) de carácter societario. Actualmente o Tecor Societario "San Vicente" (C-10.094) abrangue unha superficie de 18.249,36 Ha., despois de que a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible aprobara a ampliación dos Montes de Milleira e Gorreis (Carantoña) - 44,84 Ha. - e do Coto de Boallo - 61,52 Ha. - solicitada en xullo de 2008.

Actividades que realiza

A actividade principal da Sociedade de Caza "San Vicente" é a caza que, no concello de Vimianzo, se pode practicar sobre practicamente tódalas especies cinexéticas presentes na nosa Comunidade Autónoma: coello, perdiz, lebre, raposo, xabaril, arcea, avefría, ... Os cazadores do Tecor Societario "San Vicente" (C-10.094) contan, ademais, con dúas Zonas Permanentes de Adestramento de Cans e unha Zona de Caza Permanente na que poder practica-la actividade cinexética ó longo de todo o ano. Periódicamente realízanse soltas de coello de monte, perdiz rubia e faisán común para potencia-la riqueza ecolóxica do concello de Vimianzo; ademáis a Sociedade traballa na construcción de biotopos artificiais para a aclimatación do coello e na realización de desbroces en mosaico e sementeira de cereais para a perdiz. Tamén cría os seus propios coellos na finca Costa Rodeiro, sita no lugar de Castro (parroquia de Salto), da que é titular a Sociedade de Caza "San Vicente".

Contacto

Enderezo: R/ Blanco Rajoy, 61

Telefono: 664250782

FAX:

Web:

E-mail: padami3@yahoo.es

Outros datos de interese

Presidente: D. Manuel Blanco Rial

Vicepresidente: D. Manuel Sanmartín Amigo

Secretario: D. Juan Fermín Insua Bello

Tesoureiro: D. Manuel Romero Ferrín

Vocais: D. Julián Allo Recarey D. Andrés Alvite Carreira D. Modesto Angel Angües Vázquez D. Faustino Espasandín Rial D. Javier Lema García D. José Antonio Lema Santos D. David Romero Alborés D. Manuel Rodríguez Trillo D. José Trillo Quintáns D. José Manuel Trillo Trillo D. José Luis Valiña Caamaño

Ver anuncios da asociación Ver actividades da asociación

Accesibilidad - XHTML - CSS